Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arte e loucura conviven nunha exposición que nos convida a 'Escoitar cos ollos'

Arte e loucura conviven nunha exposición que nos convida a 'Escoitar cos ollos'

A mostra recompila obras realizadas polos pacientes de psiquiatría dos hospitais de Toén e Piñor

Ata o 25 de xuño pode visitarse no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense

G24.gal 19/05/2023 20:48 Última actualización 19/05/2023 21:22

Iniciamos a visita nunha morea de cadros. Uns teñen marco, porque xa estiveron expostos nos corredores e salóns do antigo psiquiátrico de Toén, pero outros moitos foron rescatados dos lugares máis insospeitados cando en 2012 pechou o centro.

Alzira Cibeira, psiquiatra e promotora do proxecto: "De repente empezamos a atoparnos que aparecía obra por todas partes, non só esparexida senón incluso non valorada, en lugares de limpeza... lugares non dignos".

Hai obras dirixidas, en talleres, e outras de libre creación, arte espida que nos transmite o poder do proceso artístico sobre a mente dos pacientes.

Marta García Campos, comisaria da exposición: "A arte neste caso proporciónalles os pacientes un momento de tranquilidade, de silenciar as voces, de paz".

Ao visitante pídenlle que se deixe levar.

Chus Gómez, psiquiatra e promotora do proxecto: "O que vai pasar é que se vai ver reflectido porque as persoas que teñen un diagnóstico de psicose, como a maioría dos artistas que participan, son ante todo suxeitos humanos. Que ten a loucura? que é unha experiencia radical de soidade".

O proxecto é ambicioso. Tras case dúas décadas de recompilación e inventario, agora móstrase por primeira vez ao público pero aspiran a que algún día se converta nun museo que dignifique estas obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade