Publicador de contidos
Publicador de contidos

As autoridades de Kíiv informan de novos ataques con drons iranianos

As autoridades de Kíiv informan de novos ataques con drons iranianos

Polo momento, non hai información sobre posibles vítimas nin avaliación de danos

G24.gal 13/10/2022 11:24 Última actualización 13/10/2022 11:36

A periferia de Kíiv sufriu novos ataques con drons de fabricación iraniana, segundo informaron as autoridades rexionais da capital ucraína, onde se activaron por cuarta madrugada consecutiva as alarmas antiaéreas.

Polo momento, non hai informacións sobre posibles vítimas ou avaliación de danos materiais, informou o gobernador rexional, Oleksi Kuleba, a través da súa conta de Telegram.

Os ataques producíronse cos chamados drons kamikaze de fabricación iraniana utilizados desde hai semanas con maior intensidade polas tropas rusas.

Os bombardeos máis intensos rexistráronse o pasado luns na rexión de Kíiv e Leópolis. Polo menos, 19 persoas morreron e un cento quedaron feridas.

Nos días seguintes producíronse novos ataques, aínda que de menor intensidade, nas rexións centrais e no oeste do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade