Publicador de contidos
Publicador de contidos

As axudas para renovar electrodomésticos chegaron a 19.000 familias galegas

As axudas para renovar electrodomésticos chegaron a 19.000 familias galegas

Máis da metade do consumo eléctrico dunha casa débese aos electrodomésticos

Só o cambio dun frigorífico vello por un novo supón un aforro de ata 200 euros anuais  

G24.gal 29/04/2023 14:16 Última actualización 29/04/2023 14:36

En mes e medio, esgotáronse as axudas para a renovación de electrodomésticos deste ano. A Xunta ampliara o crédito da convocatoria ata os tres millóns de euros.

"Creo que o importante é o impacto que tivo en 19.000 familias en Galicia que puideron renovar un dos electrodomésticos da súa casa para mellorar nesa eficiencia enerxética, e que polo tanto van ter un aforro directo no seu recibo da luz.  É o ano no que máis familias vulnerables se teñen beneficiado desta axuda e iso tamén é un aspecto positivo", di Francisco Conde, conselleiro de Economía.

Dende este establecemento en Lalín, o conselleiro gabou a colaboración das preto de 500 tendas adheridas á campaña en toda Galicia.

"A verdade é que funcionou moi ben, coma o ano pasado, incentiva a xente a comprar aparatos novos, reciclamos. A xente sae gañando aforra na hora da compra e na luz.
Un frigorífico actual, de baixo consumo, comparado cun de hai 20 anos estariamos falando do sesenta por cento de aforro enerxético, o conxelador tamén, que en Galicia véndese moito", explica Jorge da Silva, propietario da tenda.

De feito, o maior número de solicitudes foi para cambios de frigoríficos e conxeladores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade