Bolsas deportivas nos EUA, para moitos única forma de compaxinar estudos e competición
Bolsas deportivas nos EUA, para moitos única forma de compaxinar estudos e competición
España é o segundo país que máis deportistas envía estudar aos Estados Unidos
Homologar en España un título universitario conseguido nun país estranxeiro é un proceso para o que hai que armarse de paciencia: pode durar anos. Afecta a moitos inmigrantes que aceptan traballos para os que están sobrecualificados, pero tamén a moitos mozos españois que marchan estudar ao estranxeiro e que chocan cun muro burocrático para validar o seu título.
Compaxinar deporte de competición cos estudos é complicado para moitos rapaces españois. É por iso que as miradas se dirixen cara aos Estados Unidos, que ofrece atractivas bolsas deportivas que abren as portas ás universidades norteamericanas con axudas económicas nada desprezables.
Jorge Carretero que dirixe a empresa Global College USA, di que é unha experiencia que en España non tes. "Poder estudar nunha universidade de renome, competindo no teu deporte, aprendendo inglés, sacando unha carreira no estranxeiro e competindo en moitos casos a nivel profesional. En España iso non existe".
España é o segundo país a nivel mundial que máis deportistas envía a estudar aos EUA. Unha fuga de talentos deportivos. Jorge Carretero di que as federacións deberían presentar unha alternativa para evitalo.
Eva xoga ao tenis e estuda na universidade de Washington. Di que a súa experiencia non pode ser máis positiva, xa que esta experiencia abre un abano de oportunidades infinito.
Moi complicado facer o mesmo en España. Eva di que grazas á bolsa pode adestrar, competir e estudar.
A filla de Cristina marchou hai anos cunha bolsa deportiva. Graduouse en decembro, pero de volta en España atópase con que non pode exercer ao ser unha carreira regulada. "A opción é regresar á universidade".
Un problema que afecta as profesións reguladas coma as do ámbito sanitario e algunhas enxeñerías.