Publicador de contidos
Publicador de contidos

As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

A Real Academia Galega personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños

Segundo informa a RAG, a candidatura refírese ademais ás novas xeracións de intérpretes e creadores actuais, desde Fuxan os Ventos ata as Tanxugueiras

Adolfina e Rosa Casás na Vila da Igrexa (Cerceda) retratadas por Dorothé Schubarth (Fondo Schubarth-Santamarina / Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego vía RAG).
G24.gal 05/07/2024 13:09 Última actualización 05/07/2024 14:15

As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

A Real Academia Galega (RAG) personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños, que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.

“A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular, as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”, salienta a proposta aprobada.

Nela enlázase a celebración vindeira coa deste ano a través dun verso de Luísa Villalta que sintetiza ese herdo transmitido dunha xeración á outra: “As coplas aprendidas na saia da avoa”.

As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado (Fondo da Agrupación Folclórica Aturuxo / Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego vía RAG) As Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana con Manuel Cajaraville Pensado (Fondo da Agrupación Folclórica Aturuxo / Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego vía RAG)

As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das #LetrasGalegas2025. A Real Academia Galega personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños.https://t.co/NC4tmpCDJG

Así o decidiu o pleno da institución reunido este venres en sesión ordinaria; anunciouno, en conferencia de prensa, o presidente da institución académica, Víctor F. Freixanes, no Concello da Coruña.

Eva Castiñeira retratada por Pablo Quintana, coordinador do disco 'Recolleita', onde rexistrou a voz da cantareira de Muxía (Cortesía de Pablo Quintana vía RAG) Eva Castiñeira retratada por Pablo Quintana, coordinador do disco 'Recolleita', onde rexistrou a voz da cantareira de Muxía (Cortesía de Pablo Quintana vía RAG)

Esta proposta de poesía oral, impulsada pola académica Ana Boullón, xa concorreu o ano pasado en que finalmente se homenaxeou a Luísa Villalta.

Un legado vivo

Segundo informa a RAG, a candidatura apoiada pola maioría do pleno refírese ademais ás novas xeracións de intérpretes e creadores actuais que demostran que na propia esencia da poesía popular oral está evolucionar e cambiar.

Desde os que recolleron cantigas directamente nas aldeas, como Fuxan os Ventos nos anos 70 e despois Milladoiro, ata Mercedes Peón, Leilía, Xabier Díaz ou, xa parte de xeracións máis novas, Faia Díaz, Sés, Baiuca, Mondra, Caamaño&Ameixeiras,  Fillas de Cassandra ou as Tanxugueiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade