Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Villalta: "Hai inéditos de teatro, aforismos, narracións e poesía"

Susana Villalta: "Hai inéditos de teatro, aforismos, narracións e poesía"

Luísa aprendeu música desde moi cativa e foi tamén moi lectora, influenciada pola familia

A obra de Villalta reflicte a súa esencia, preocupacións e a meticulosidade que sempre a caracterizaba

Susana publicou 'Luísa Villalta, a nosa estrela' e 'Palabra de irmá. Biografía de Luísa Villalta'

Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta
G24.gal 17/05/2024 17:00 Última actualización 15/04/2024 17:07

Este Día das Letras Galegas celebramos varias escritoras: unha extraordinaria poeta, unha notable dramaturga, unha ensaista chea de fondura, unha sagaz columnista e unha experimentada violinista, todas elas se chaman Luísa Villalta. Traballou con dedicación, e con discreción e firmeza de conviccións. Foron cualidades que marcarían a súa vida. Era unha muller comprometida coa sociedade e con Galicia, enfeitizada pola música, feminista, que reinterpretou coma ninguén a súa cidade, a Coruña do noso tempo, e que a partir da súa  abrupta e prematura desaparición, a súa figura non deixou de medrar en estima e recoñecemento.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade