Publicador de contidos
Publicador de contidos

As chuvias abondosas que coinciden coa preamar fan rebordar o río Cádavo en Fene

As chuvias abondosas que coinciden coa preamar fan rebordar o río Cádavo en Fene

G24.gal 19/01/2023 21:28 Última actualización 19/01/2023 22:24

A nova fronte de chuvias entrou cunha vintena de ríos rebordados e en alerta ou prealerta por risco de inundacións.  E o caso do Miño en Lugo, Ourense, A Peroxa e Salvaterra. Tamén do Sil no Barco de Valdeorras.

"Os leitos están o dobre por riba do habitual e os encoros a preto do 80 %. Son 25 puntos máis que o ano pasado e 12 ou 13 puntos por riba da media. Por iso, cada vez que chove, cos solos saturados e os encoros cheos, prodúcense enchentes", explica Carlos Ruíz, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Pero as primeiras incidencias déronse preto da costa coincidindo coa preamar. O Landro estivo a piques de rebordar en Viveiro. Chegou a facelo o Cádavo, en Fene, e asolagou varías rúas. A situación non é nova para os veciños da parroquia de Perlío cando chove seguido.

O aviso amarelo por chuvia abrangue toda a provincia da Coruña, boa parte da de Lugo, o interior da de Pontevedra e o oriente ourensán. O risco de enchentes mantense en moitas zonas, onde seguen avaliando as perdas dos días anteriores. O aviso por chuvias mantense ata medianoite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade