Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia atrasa a colleita de cereixa, que podería minguar

A chuvia atrasa a colleita de cereixa, que podería minguar

A floración veu adiantada e a auga cortou a maduración

A falta de man de obra tamén afecta a recollida

G24.gal 06/05/2024 13:56

O cambio climático é a principal causa da posible perda dunha parte da colleita de cereixa. As cerdeiras floreceron antes do previsto e a chuvia e as baixadas de temperatura afectaron as castes máis temperás, que viron cortada a súa maduración ou mesmo acabaron raxadas no chan. Unha situación que afectou especialmente no sur de Lugo.

Agora haberá que estar moi pendentes do clima. O normal sería que dende dentro de dúas semanas ata principios de xullo as árbores estean en pleno rendemento. Pero unha mestura de calor e chuvia podería estragar a colleita por volver alterar a maduración e pola aparición de pragas de fungos e de insectos, algo no que tamén inflúe a redución de castes. 

Outros problemas para a cereixa nesta comarca de Quiroga son a escaseza de man de obra para a súa recollida e a dispersión das cerdeiras, que fan que non se aproveite boa parte do froito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade