Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia podería minguar a produción de millo en 20.000 quilos por hectárea

A chuvia podería minguar a produción de millo en 20.000 quilos por hectárea

Nalgunhas parcelas contan con plantar nos vindeiros días e optarán por ciclos máis curtos

G24.gal 12/05/2024 14:16 Última actualización 12/05/2024 14:38

A chuvia da última semana está a atrasar a sementeira do millo. Respecto ao ano pasado, supón botalo quince ou 20 días máis tarde. Non queda outra que optar por ciclos de produción máis curtos. A mingua por hectárea pode chegar aos 20.000 quilos.

Nesta segunda semana de maio o millo en moitas parcelas aínda está sen botar. As precipitacións de hai uns días atrasou a sementeira. Na parroquia lucense de Bóveda xa están abonando o campo para comezar sementar en breve.

Contan que este ano a produción vai ser pequena, pero non está todo perdido. Porén, continúan coa vista posta no ceo porque o millo require calor e de momento se aveciña auga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade