Cargando resultados...
As estradas están limpas e respectarase o percorrido da primeira etapa
As estradas están limpas e respectarase o percorrido da primeira etapa
A organización baralla varias opcións, mesmo acurtar a etapa, no caso de que haxa problemas na zona do Incio
G24.gal
22/02/2023 19:44
Última actualización 23/02/2023 10:37
Todo está listo para o inicio. Este xoves disputarase a primeira etapa en Lugo. Ás 10.30, tiro de saída desde a muralla da capital lucense, e desde alí 188 quilómetros ata a meta en Sarria.
A chegada prevista é as tres e media, e desde as 13:30 poderán seguir o percorrido pola nosa segunda canle. Todos pendentes da previsión do tempo, porque a neve podería cambiar o itinerario.
Segundo Ezequiel Mosquera, teñen previstas varias opcións dependendo das condicións de chuvia ou neve que aparezan na xornada do xoves. Unha das opcións sería acurtar a primeira tirada, pero o que garante Mosquera é que "espectáculo vai habelo".