Publicador de contidos
Publicador de contidos

O británico Joshua Tarling gaña na crono inicial do Gran Camiño

O británico Joshua Tarling gaña na crono inicial do Gran Camiño

Os equipos acordaron non contar os tempos da xornada inaugural polo perigo do percorrido

O galego Carlos Canal logrou un meritorio noveno posto

Jonas Vingegaard, dobre gañador do Tour de Francia e máximo favorito, aproveitou para reservarse

G24.gal 22/02/2024 18:09 Última actualización 22/02/2024 18:23

O galés Joshua Tarling (Ineos Grenadiers) impúxose este xoves na primeira etapa do Gran Camiño, unha contra o reloxo individual de 14,8 quilómetros que non contou para a clasificación xeral, o que aproveitou o danés Jonas Vingegaard, dobre gañador do Tour de Francia e máximo favorito, para reservarse.

Despois de que os equipos acordasen non contar os tempos da xornada inaugural polo perigo do percorrido, Tarling foi o máis rápido na Coruña despois de percorrer en 18 minutos e 21 segundos os case 15 quilómetros da crono, con saída e chegada na Torre de Hércules.

O irlandés Darren Rafferty (EF Education – EasyPost), a 42 segundos do gañador, e o español Pablo Castrillo (Equipo Kern Pharma), a 48, completaron o podio da primeira etapa, con Micheł Kwiatkowski, Rigoberto Urán, Carlos Rodríguez, Vingegaard e Carapaz lonxe dos primeiros postos. O galego Carlos Canal logrou un meritorio noveno posto. 

A segunda etapa trasladará o pelotón á provincia de Lugo. Con saída en Taboada e chegada a Chantada, será de 151,1 quilómetros e 3.000 metros de desnivel. Transitará por 9 concellos do Camiño de Inverno a través da Ribeira Sacra

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar