Jonas Vingegaard gañou unha etapa onde Carlos Canal foi segundo na súa casa
Jonas Vingegaard gañou unha etapa onde Carlos Canal foi segundo na súa casa
O limiao tentou conseguir a vitoria na súa casa, pero non puido coa besta danesa
O limiao Carlos Canal foi o gran protagonista na saída na súa casa, en Xinzo. E na chegada, en Ribadavia, foi segundo, o mellor dos terrícolas. Porque o extraterrestre Jonas Vingegaard non lle deixa nada aos demáis. Corre o Gran Camiño como se fora o Tour. Atacou no Alto do Couso, a vinte quilómetros da meta. Marchou do pelotón con facilidade e foi devorando un a un aos compoñentes da fuxida formada nos primeiros pulos da etapa. O último deles, o corredor do Kher Pharma Pablo Castrillo, quen non puido aguantar o ritmo do dinamarqués na baixada.
A persecución do grupo sobranceiro por detrás non deu froitos, e Vingegaard chegou en solitario á meta. Pleno de triunfos para el na carreira galega. Cinco de cinco nas etapas válidas das dúas últimas edicións. A 29 segundos chegou o grupo, no que se impuxo Carlos Canal. O galego quedou sen a vitoria pola voracidade do insaciable campión do Tour.