Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tempos da crono non contaron para a clasificación xeral

Os tempos da crono non contaron para a clasificación xeral

Tomouse a decisión polo perigo do percorrido tras a auga que caeu pola mañá

Foto EFE
G24.gal 22/02/2024 15:38 Última actualización 22/02/2024 18:23

A organización do Gran Camiño decidiu este mediodía anular os tempos para a clasificación xeral individual na crono inicial de 14,8 quilómetros na Coruña, con saída e chegada na Torre de Hércules, polo perigo do percorrido.

“Compítese con bicicleta convencional e daranse os mesmos tempo a todos os ciclistas”, sinala a organización, que despois de escoitar a todos os directores de equipos optou por esta opción no canto de suspender a primeira etapa.

Tras varios días de sol, a borrasca Louis causou un episodio de choivas intensas e fortes ventos en Galicia, castigando así por segundo ano consecutivo o Gran Camiño, que o ano pasado xa tivo que anular unha etapa e recortar outra polas condicións meteorolóxicas.

O danés Jonas Vingegaard, dobre campión de Tour de Francia, defende estes días nas catro provincias galegas o triunfo que logrou na edición de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar