Golpe de autoridade de Jonas Vingegaard: triunfo e liderado
Golpe de autoridade de Jonas Vingegaard: triunfo e liderado
Atacou a catro quilómetros do final e non atopou oposición
É o novo líder con 28'' de vantaxe sobre Egan Bernal e 30'' sobre Jefferson Cepeda
Jonas Vingegaard gañou como quixo, onde quixo e cando quixo e xa é o líder do Gran Camiño, a proba de catro etapas que discorre por Galicia. Nun día de moita choiva e frío, a escapada do día foi controlada en todo momento polos homes do Visma que levaron polo aire ao danés ata a última subida de San Pedro de Líncora (segunda categoría), a apenas dez quilómetros da meta de Chantada.
E foi aí cando atacou o gañador dos dous últimos Tour de Francia. Só aguantaron o seu ritmo o colombiano Egan Bernal e o ecuatoriano Jefferson Cepeda, pero cando faltaba apenas un quilómetro para culminar o alto o danés cambiou o ritmo e xa se foi en solitario entrando na meta da localidade lucense de Chantada a 23 segundos do dúo perseguidor e facéndose coa camisola amarela cunha media de velocidade de 39,4 quilómetros nunha dura etapa.
A etapa de mañá será entre Xinzo e Ribadavia.