Publicador de contidos
Publicador de contidos

A romaría do Monte Faro, en Chantada, axunta un ano máis devoción e tradición

A romaría do Monte Faro, en Chantada, axunta un ano máis devoción e tradición

Unha multitude de fregueses acudiron ao Monte Faro para participar na romaría

Moitos devotos recrearon o viacrucis descalzos ou de xeonllos

 

G24.gal 08/09/2024 14:54 Última actualización 08/09/2024 21:33

O día solleiro animou a moitos fregueses a achegarse á tradicional romaría do Monte Faro, onde se xuntan as terras de Chantada e o Deza.

A celebración comezou o sábado coa subida a cargo dos romeiros da imaxe da Virxe dende a igrexa de Requeixo ata o santuario situado no cumio do Faro.

Os devotos recrean o viacrucis subindo os duros camiños a pé, algúns descalzos, e de xeonllos os máis entregados. Todo con tal de cumprir os votos ofrecidos tras superar algunha penalidade.

Durante todo o día celébranse actos litúrxicos para honrar a Virxe do Faro, pero tampouco falla o sentimento popular dos romeiros con xantares e o espírito festivo da xornada.

Este ano o día grande da celebración cae en domingo, polo que se notou o incremento de participantes na romaría, que ano tras ano cumpren coa tradición, realizando o camiño da Virxe, rodeando o templo ou cumprindo unha ofrenda nos lampadarios do recinto.

A romaría continúa este luns, coa volta da talla da Virxe á ermida de Requeixo, onde permanecerá ata o ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade