Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscando o balcón e a fachada máis fermosos de Chantada

Buscando o balcón e a fachada máis fermosos de Chantada

Chantada incentiva a decoración das casas cun concurso de fachadas

Participan vinte e dúas casas no certame
 

G24.gal 17/08/2024 20:26 Última actualización 17/08/2024 20:40

Celébrase este ano a primeira edición do concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas de Chantada, un certame no que participan 22 edificios e co que se trata de incentivar aos veciños para que arranxen e decoren a parte máis visible das súas vivendas.

En total participan vinte e dúas casas, quince delas situadas na vila de Chantada, un concurso co que se pretende encher de vida e cor os edificios deste concello.

Polo de agora o xurado está facendo unha primeira avaliación das fotos das casas decoradas. Hai máis de mil euros en premios.
Nesta primeira edición tamén participan sete casas do rural, dúas delas están en Pumar, unha aldea na que chama a atención a cantidade de cativos que hai xogando na rúa.

Ademais das cores e arrecendos das plantas, á hora de escollelas, os participantes tiveron en conta a súa adaptación.

O 14 de setembro coñeceranse os gañadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade