Publicador de contidos
Publicador de contidos

As coreografías de ximnasia terapéutica dos maiores tamén teñen espazo en Tik Tok

As coreografías de ximnasia terapéutica dos maiores tamén teñen espazo en Tik Tok

Os bailes dos avós cántabros teñen máis dun millón de likes

Unha motivación para facer exercicio e que os vexan os seus

 

Os maiores cántabros do centro de día Luz de Luna difunden as súas coreografías en Tik Tok
G24.gal 11/12/2022 20:36 Última actualización 11/12/2022 21:10

Os maiores cántabros do centro de día Luz de Luna reciben máis dun millón de visitas en Tik Tok. As súas coreografías de ximnasia terapéutica compiten coas dos influencers adolescentes. 

Na súa mocidade tal día coma hoxe preparaban as panxoliñas pero pasaron os anos e mudaron os tempos. A historia comezou así, segundo contan Alba Haro e Irantzu López, enfermeiras do centro de día de Luz de Luna, en Santander.

Gravamos un vídeo porque sempre nos gravabamos bailando e cantando pero ocorréusenos subilo a Tik Tok e a ver que lle parecía á xente.


Desafiaron o algoritmo e o resultado foron 34.000 seguidores e máis dun millón de likes. Agora xa saben que a constancia nas redes é fundamental:

Nós tratamos de subir dous ou tres días á semana e como o collemos como unha rutina, eles viñan e xa sabían que imos facer os vídeos e xa o colleron como rutina.
Eles mesmos dicían: "Víronnos, temos fans". Ao final gústalles verse e que as familias na casa lles ensinen os vídeos. É unha motivación para eles e para as familias. 


Din os expertos que na xeración Z os likes activan a oxitocina case tanto coma unha aperta. Ao final o que importa a calquera idade é saber que hai alguén do outro lado, aínda que só sexa dunha pantalla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade