Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas de reformas, satisfeitas coa flexibilización das normas de habitabilidade

As empresas de reformas, satisfeitas coa flexibilización das normas de habitabilidade

O anteproxecto facilita a transformación de baixos comerciais en vivendas

Na Federgal din que xa están recibindo clientes potenciais

G24.gal 04/03/2023 13:47 Última actualización 04/03/2023 14:20

Na Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e Rehabilitación de Galicia consideran que darlles aos baixos baleiros uso residencial beneficia o mercado da vivenda e frea unha degradación que entenden que se estaba cronificando.

"Por exemplo, un baixo que leva toda a vida cunha licenza cando queda baleiro e se volve alugar quizais xa non reúna as condicións, como os tres metros de altura, para poñer un negocio".

Neste sentido, apoian o anteproxecto que busca flexibilizar as normas de habitabilidade actuais, que segundo explica o voceiro de Federgal, Antonio Heredero, dificultan o cambio de uso.

"Se queres abrir unha ventá á vía pública ten que ser a un metro oitenta de altura co que as vivendas se converten en zulos. Esa e outras cuestións fan moi difícil rehabilitar os baixos como vivendas".

As empresas dedicadas ás reformas e ás rehabilitacións din que xa están recibindo clientela potencial.

"Xa hai moitos propietarios de locais que o ven como unha esperanza e nós, como empresarios das obras pequenas de reforma e rehabilitación, estamos enormemente satisfeitos porque pode supoñer unha carga moi boa de traballo, de traballo de calidade".

O anteproxecto para flexibilizar as normas de habitabilidade está en fase de consulta pública ata o día 13. O goberno galego prevé que entre en vigor este ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade