As estradas xa están limpas, pero nos puntos máis altos quedan acumulacións de neve
As estradas xa están limpas, pero nos puntos máis altos quedan acumulacións de neve
As temperaturas seguen baixas e foi tanto o que nevou que tardará en derreterse de todo
Aínda houbo tempo este xoves para gozar da neve no alto do Cebreiro, malia que pola tarde xa chovía. As temperaturas seguen baixas, e foi tanto o que nevou que tardará en derreterse de todo.
As máquinas quitaneves traballaron todo o día para limpar as estradas e abrir os accesos a ducias de aldeas que estaban illadas. En once concellos da provincia de Lugo, case 500 alumnos tiveron problemas para chegar aos seus colexios.
Co avance do día a situación foi mellorando, e a esta hora as estradas están despexadas. Segundo a DXT circúlase sen problemas por toda a rede viaria galega. Pero non hai que confiarse.
Nas zonas máis altas das montañas de Ourense quedan tamén acumulacións importantes de neve. Agora o problema é que o desxeo incremente moito o leito dos ríos.
Vaise a neve pero queda o frío, sobre todo pola noite. Iso si, todo apunta a que partir de mañá, estas espectaculares imaxes da primeira gran nevada do ano serán xa historia.