Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os farmacéuticos xa non poderán renovar receitas

Os farmacéuticos xa non poderán renovar receitas

O TSXG anula a instrución do Sergas que permitía renovar receitas aos farmacéuticos de Atención Primaria

G24.gal 29/11/2022 18:06 Última actualización 29/11/2022 18:17

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu o recurso do Consello Galego de Colexios Médicos de Galicia, contra a resolución do xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de outubro de 2021 en que aprobou a instrución dirixida aos farmacéuticos de Atención Primaria para decidir continuar o tratamento crónico dos doentes.

Polo tanto, a sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo anulouna e deixouna sen efecto.

O TSXG salienta que a resolución do Sergas “non ía dirixida a paliar problemas temporais de accesibilidade asociados á pandemia da COVID-19 -como as anteriores-, senón que tiña vocación de permanencia, ao referirse á situación que se presentaba "en determinadas épocas do ano debido á carencia de profesionais para a cobertura de ausencia", así como á maior carga de traballo que aos facultativos lles supoñía contar "cunha sociedade envellecida, con maior cronicidade e pluripatoloxía”.

“Unha cousa é que se relaxe o procedemento para aprobar a instrución e outra é que esta estea orfa de calquera trámite precedente, pois non consta informe, estudo, memoria ou proposta algunha que avale a necesidade do seu contido”, destacan os xuíces.

Segundo o auto do TSXG,  a instrución habilita os farmacéuticos “para comprobar a necesidade ou non de dar continuidade, pero tamén a de revisar a prestación farmacéutica que só os médicos poden prescribir, aínda no caso de doentes que conten xa cunha medicación indicada para a súa enfermidade crónica”.

Contra a resolución do TSXG cabe presentar recurso de casación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos