Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Forzas Armadas colaboran coa Xunta na vixilancia dos montes desde 2007

As Forzas Armadas colaboran coa Xunta na vixilancia dos montes desde 2007

A operación Centinela Gallego esténdese desde do 15 de agosto ata o finais de setembro 

G24.gal 18/08/2022 14:46

A partir do sábado Galicia volverá estar en risco alto de incendio. A temporada máis complexa para os nosos montes prolongarase ata finais de setembro e ata esa data membros das Forzas Armadas colaborarán coa Xunta de Galicia no labor de vixilancia para a detección precoz dos focos, unha cooperación que se iniciou a rais da vaga de incendios de 2006.

No monte Iroite, sobre a ría de Noia, está situado un dos postos de mando do Centinela Gallego. Centinela é o nome da operación da apoio especial das Forzas Armadas para contribuír á prevención dos incendios forestais en Galicia. Cooperan coa Xunta en tres áreas que abranguen sete distritos forestais.

Juan Francisco Pato, capitán de Infantería da Mariña: "O número de conatos e de incendios en xeral están diminuíndo. A conxunción de todos os actores que participan na loita contra indencios pois favorece o cumprimento do obxectivo", explica Juan Francisco Pato, capitán de Infantería da Mariña. 
 

Para iso, os efectivos despregados destacan a importancia dos avistamentos temperáns dos focos. As patrullas están destinadas as vinte e catro horas do día e os sete días da semana nos principais observatorios do monte. Pero ademais, contan co apoio da tecnoloxía dos drons, en distintas cotas, que proporcionan á Xunta en tempo real as coordenadas dos focos ou botan unha man nos labores de perimetración.

"Somos o equipo que da soporte ás patrullas de terra desde o aire. E o que facemos é dar unha perspectica desde arriba que abrangue un campo maior temos a información de xeito máis precoz", afirma Alejandro Ferreiras, cabo de Infantería da Brilat.

A Brilat de Pontevedra comanda esta operación que na área denominada Águila, que abrangue a península da Barbanza e a zona de Carnota-Fisterra, está ao cargo do terzo norte de Infantería de Mariña, con base en Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos