As forzas sindicais protagonizan concentracións en distintos puntos da comunidade polo 8-M
As forzas sindicais protagonizan concentracións en distintos puntos da comunidade polo 8-M
Denuncian que a desigualdade laboral se agravou durante a pandemia
Concentracións dos sindicatos en distintas vilas e cidades galegas para reivindicar a igualdade das mulleres no 8-M.
Volven saír ás rúas para reivindicar a igualdade. Piden medidas reais para reverter a situación da muller no mundo laboral. Baixo o lema "Mulleres precarizadas polos gobernos", a CIG protagonizou unha marcha en Vigo.
Houbo protestas de todas as forzas sindicais. A UXT, baixo a consigna "Mulleres feministas para unha axenda sindicalista", celebrou concentracións ás portas das súas sedes en distintas vilas e cidades galegas.
Co lema "Para igualdade temos un plan", Comisións Obreiras tamén reivindicou os dereitos das mulleres en toda a comunidade. En Ourense, un grupo de empresarias pediron ás empresas que aposten pola igualdade laboral ao tempo que visibilizaron o papel da muller nos postos de responsabilidade.