Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Nacións Unidas van investigar as foxas de Ucraína

As Nacións Unidas van investigar as foxas de Ucraína

Os presidentes de Rusía e Ucraína acúsanse de terrorismo

Ata o momento rescataron polo menos 440 cadáveres nas foxas de Izium
G24.gal 17/09/2022 20:53 Última actualización 17/09/2022 21:12

Segue o traballo dos forenses nos arredores da cidade de Izium, na rexión de Khárkiv, onde tras a fuxida das tropas rusas apareceron varias foxas cheas de cadáveres. Ata o momento recuperaron polo menos 440.

"O mundo debe ver o que deixou tras de si o exército ruso, foxas cheas de persoas asasinadas, nenos e adultos, civís e militares; torturados, tiroteados, asasinados nos bombardeos. Ata hai familias enteiras enterradas alí", afirma o presidente de Ucraína.

"Rusia é un Estado que apoia o terrorismo"

Volódimir Zelenski cualifica a actitude de Rusia como a dun Estado que apoia o terrorismo.

"Temos que actuar, para que o de Bucha, Mariupol e Izyum non volva suceder; Rusia debe ser recoñecida como un Estado que apoia o terrorismo", sinala o líder ucraíno.

Investigación das Nacións Unidas

O asunto das foxas e dos cadáveres presuntamente torturados ou asasinados será investigado polos inspectores das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.

As acusacións do líder ucraíno contestaban ás formuladas desde Samarcanda polo propio presidente ruso, quen afirma que Ucraína bombardea obxectivos tan perigosos coma a planta nuclear de Zaporijia.

"Estamos autocontrolándonos para evitar un xiro negativo, pero haberá unha resposta máis grave se os ucraínos non entenden que eses métodos son inaceptables, xa que son coma os dos terroristas", sinalou Vladímir Putin.

Putin ameaza con enviar máis soldados

O líder ruso engadiu que está disposto a enviar máis soldados e medios a Ucraína, mentres o seu voceiro de Defensa aseguraba que nos tres ataques lanzados nas últimas horas na zona de Donetsk mataron 490 militares ucraínos e capturaron máis de cincuenta tanques e vehículos blindados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade