Publicador de contidos
Publicador de contidos

As friccións que causa o protocolo do 'brexit' en Irlanda do Norte provocan a dimisión do ministro principal, o unionista Paul Givan

As friccións que causa o protocolo do 'brexit' en Irlanda do Norte provocan a dimisión do ministro principal, o unionista Paul Givan

Some a provincia británica nunha nova crise e tensa o diálogo entre a UE e o Reino Unido

G24.gal 03/02/2022 22:54

As friccións que está a causar o protocolo do 'brexit' en Irlanda do Norte provocaron este xoves a dimisión do ministro principal, o unionista Paul Givan, e a caída do Executivo autónomo, o que some a provincia británica nunha nova crise e tensa o diálogo entre a UE e o Reino Unido.

Desde hai meses, a formación de Givan, o maioritario Partido Democrático Unionista, xa viña ameazando con facer caer o Goberno de poder compartido cos nacionalistas se as negociacións que manteñen Londres e Bruxelas sobre o protocolo non desembocaban pronto nunha reforma radical deste mecanismo do 'brexit'.

A súa paciencia esgotouse e os unionistas lanzaron un ataque en dúas frontes, pois á dimisión de Givan este xoves precedeuna onte unha orde do seu ministro de Agricultura, Edwin Poots, encamiñada a suspender de maneira unilateral os controis aduaneiros previstos no protocolo aos produtos que chegan a Irlanda do Norte desde a illa de Gran Bretaña.

Aínda que a maioría dos controis continuaron sen problemas durante a xornada, a pesar da pasividade de Londres, o primeiro ministro irlandés, Micheál Martin, declarou estar "moi preocupado" por esa medida e pola espantada de Givan, que cualificou de "moi daniña", segundo informou un portavoz do Goberno de Dublín.

"O Reino Unido ten a obriga, de acordo coa lexislación internacional e a súa propia lexislación nacional, de garantir que cumpre as súas obrigacións co protocolo", sinalou a fonte.

O portavoz insistiu en que Irlanda quere que as partes dean "todas as oportunidades posibles" para que o proceso de diálogo emprendido por Londres e Bruxelas "teña éxito", á vez que instou ao DUP a que "regrese" ás institucións de goberno creadas polo acordo do Venres Santo para "evitar que se dane a paz e estabilidade" da rexión. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade