Publicador de contidos
Publicador de contidos

As gasolineiras máis baratas de Galicia están no concello de Bergondo

As gasolineiras máis baratas de Galicia están no concello de Bergondo

Encher o depósito de gasolina é hoxe 25 euros máis caro que hai un ano

G24.gal 24/10/2021 18:08

Encher o depósito de gasolina é hoxe 25 euros máis caro que hai un ano. Pero, con todo, hai diferenzas notables entre estacións de servizo nunha mesma vila ou cidade.

No caso da gasolina, o prezo máis alto atopámolo na cidade olívica, mentres que a máis barata está en Vilanova de Arousa. O gasóleo máis caro atopámolo en Vigo, que é a terceira cidade máis cara de España. O gasóleo máis barato está nunha estación de servizo de Bergondo. 

A empregada da gasolineira de Cortiñán apenas ten un minuto para conversar con nós e corroborar o que xa estamos vendo. Non deixan de entrar coches. A estación de servizo está ben situada, entre A Coruña e Betanzos.

Pero para explicar este movemento continuo hai que mirar cara ao panel das tarifas. Ten os prezos de gasóleo máis económicos de toda a comunidade. Son os mesmos que os doutra gasolineira situada no mesmo municipio, pero no interior do polígono industrial, na que ademais tamén podemos repostar a gasolina de 98 octanos máis barata.

Nas dúas estacións de servizo aumentou a clientela co incremento do importe dos carburantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade