Publicador de contidos
Publicador de contidos

As hipotecas constituidas sobre as vivendas soben un 18 % e acumula 13 meses consecutivos á alza

As hipotecas constituidas sobre as vivendas soben un 18 % e acumula 13 meses consecutivos á alza

O importe medio das hipotecas asinadas sobre vivenda situouse en 145.715 euros, un 6,5 % máis que un ano antes

G24.gal 27/05/2022 12:48

As hipotecas constituídas sobre vivendas en España sumaron 43.378 o pasado marzo, o 18 % por encima do mesmo mes de 2021, co que acumularon trece meses consecutivos á alza, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística.

O importe medio das hipotecas asinadas sobre vivenda situouse en 145.715 euros, un 6,5 % máis que un ano antes, e o capital prestado alcanzou os 6.321 millóns de euros, o 25,6 % superior a marzo de 2021.

En marzo continuou o crecemento das hipotecas sobre vivenda constituídas a tipo fixo, que xa representan o 72,7 % do total, cun interese medio do 2,53 % e un prazo de 25 anos, en tanto que as asinadas a tipo variable rexistran unha taxa media do 2,15 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade