Publicador de contidos
Publicador de contidos

As inmobiliarias cualifican de "espectaculares" as reservas de vivendas vacacionais

As inmobiliarias cualifican de "espectaculares" as reservas de vivendas vacacionais

Os hoteis constatan a recuperación do turismo estranxeiro e tamén son optimistas

G24.gal 11/06/2023 14:31 Última actualización 11/06/2023 14:52

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias cualifica de "espectaculares" as previsións para o verán no alugueiro de vivendas vacacionais. Agardan os mellores datos dos últimos quince anos, cun crecemento das reservas por riba da media nacional.

As localidades costeiras de Pontevedra e A Coruña concentran o groso da oferta, aínda que a estas alturas, xa queda pouco para a temporada alta. A planificación das vacacións faise cada vez con máis anticipación. Nótano tamén nos hoteis, onde manexan previsións excelentes. 

"Este ano comezaron as reservas para o mes de agosto antes que anos anteriores. Tamén notamos que cada vez temos unha maior venda a través da nosa web e que os clientes entenden que a reserva directa ten os seus beneficios, en prezos ou en mellores servizos", explica José Manuel Pantín, director do hotel A Terraza, en Miño.

Fernando Lombardía, xerente do hotel Crisol das Rías, constata a recuperación do turismo internacional.

"Xa desde primeiros de ano vemos que os peregrinos empezan a ser italianos, ingleses, austríacos, alemáns..., xa temos un turismo estranxeiro. Este ano hai moitas reservas de países centroeuropeos ou do norte de Europa."

Estímase que o verán xerará máis de 33.000 empregos en Galicia, case o 40 % en actividades relacionadas con hoteis e aloxamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade