As inmobiliarias reciben unha chea de consultas pola nova medida do Goberno central que fixa nun 2 % a suba máxima do alugueiro

Os inquilinos vanse beneficiar porque non sufrirán a suba do IPC disparado desde o verán pasado
Non opinan o mesmo os arrendadores, que din que a medida os prexudica
O anuncio da limitación nas subas do alugueiro a un 2 % como máximo está a provocar unha multitude de consultas nas inmobiliarias.
No caso dos grandes propietarios, é dicir o que ten máis de dez inmobles, o límite do 2 % será un imperativo legal. Para os pequenos arrendatarios existe a posibilidade dun acordo entre as partes e en ausencia deste aplicarase o mesmo tope. O límite afecta a todos os contratos polo que os inquilinos que lles toque actualizar o arrendamento terán que acollerse a esta medida.
Os propietarios quéixanse de que o Goberno volve cargar sobre eles o que é responsabilidade da Administración. Din que deixarán de percibir o estipulado no contrato mentres os gastos directos da vivenda tamén se incrementan.
Para o Goberno galego a medida é oportunista e crea inseguridade xurídica.
A medida ten carácter temporal e estará en vigor ata o 30 de xuño. A partir desta data a suba volverá estar suxeita ao IPC.