Publicador de contidos
Publicador de contidos

As lendas do Celta enchen de fermosas lembranzas o campo de Balaídos

As lendas do Celta enchen de fermosas lembranzas o campo de Balaídos

Augusto Fernández (2), Sánchez, Canobbio, Abalo e Bermejo marcaron os goles celestes (6-4)

No All Stars destacou Morientes, con tres goles

G24.gal 30/08/2023 22:49

Foi Míchel Salgado un dos que máis fixo por este partido e por xuntar os ex-xogadores do Celta e un nutrido grupo de estrelas de todo o mundo que fixeron as delicias dos máis de 15.000 espectadores que se achegaron a Balaídos para ver os que foron os seus ídolos. 

O de menos era o resultado, pero houbo un xogador que destacou por riba de todos. Fernando Morientes marcou tres dos catro goles do equipo All Stars e demostrou manter intacto o seu olfacto goleador. No Celta apareceu a figura de Augusto Fernández, con dous goles no primeiro tempo. El e Sánchez propiciaron o empate do descanso (3-3). 

No segundo tempo o Celta sacou a xuventude ao campo e aí conseguiu desnivelar o marcador. Canobbio marcou un golazo e deu unha asistencia Abalo de debuxos animados. E Mario Bermejo anotou o sexto, antes de que Morientes recurtase diferenzas. 

Foi un día de lembranzas e recordos, tanto para os xogadores como para o público. Un acto sensacional dentro do centenario celeste. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar