Publicador de contidos
Publicador de contidos

As matriculacións de coches caeron máis dun 5 % en 2022

As matriculacións de coches caeron máis dun 5 % en 2022

As vendas seguen moi lonxe das cifras prepandemia

No sector apuntan á falta de oferta e á suba dos prezos 

G24.gal 03/01/2023 08:07

As matriculacións de turismos quedaron por baixo das 814.000 en 2022. Supón un descenso dun 5,4 % respecto ao ano anterior e seguen vendéndose menos vehículos que antes da pandemia. Hai que remontarse a 2011 para atopar unhas cifras tan baixas de matriculacións.

No sector din que influíu a falta de oferta, a suba dos prezos e o proceso de electrificación dos coches, que vai máis lento do previsto. E prevén un escenario complicado tamén para este ano 2023. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos