As matronas reivindícanse como especialistas en saúde sexual e reprodutiva das mulleres
Son profesionais cunha formación moi ampla: catro anos da carreira de enfermería e mais dous de especialización
Hoxe é o Día Mundial das Matronas, unha xornada en que este colectivo de profesionais sanitarias reivindican as súas funcións como especialistas na saúde sexual e reprodutiva das mulleres.
No hospital do Salnés teñen a certificación IHAN porque son referente en humanización na atención aos nacementos.
Aquí, Verónica e Valentín esperan a que Luca asome a cabeciña, rodeados da mellor información e apoio emocional.
"Somos referentes en partos de baixa intervención e por iso veñen aquí mulleres doutas áreas de Galicia que queren un parto máis natural", di Isabel Abel Diéguez, secretaria da Asociación Galega de Matronas.
As matronas deron as clases preparto, agora seguen as contraccións e a dilatación, axudarán a saír ao bebé e serán asesoras de lactación.
Son as súas funcións máis coñecidas. Pero a súa carteira de servizos comeza coa primeira regra, no centro de saúde, e é moito máis ampla.
"Problemas de menopausa, calquera alteración no ciclo, no centro de saúde dedicámonos tamén a consello de autoconcepción", explica María Coego Jorge, matrona do PAC do Grove.
Coñecemento dos dereitos reprodutivos, do ciclo menstrual, da menopausa, cribados, asesoramento emocional e ata detección de violencia machista. Formación e competencias extensas que queren visibilizar.