Publicador de contidos
Publicador de contidos

As memorias do duque de Sussex ameazan con toldar a coroación de Carlos III

As memorias do duque de Sussex ameazan con toldar a coroación de Carlos III

A prensa británica segue difundindo titulares do libro que se publica o martes

Din que fala da frialdade do pai, de consumo de drogas ou da súa perda da virxindade

Tamén dá conta das pelexas entre irmáns ou da súa actuación en Afganistán

G24.gal 07/01/2023 19:46 Última actualización 07/01/2023 20:34

O libro de memorias do príncipe Henrique, duque de Sussex, esta a xerar unha gran polémica no Reino Unidos antes da súa publicación oficial, prevista para o vindeiro martes.

De acordo coa prensa británica, que obtivo copias do volume, o fillo menor de Carlos III asegura que o actual rei, antes de acceder ao trono, sentía celos das súas noras Meghan e Catalina.

Segundo relata, temía que lle roubasen protagonismo, polo que se amosou remiso a apoiar economicamente os seus descendentes e as súas parellas.

Nos últimos días, os medios ingleses difundiron múltiples revelacións extraídas da biografía de Henrique e das entrevistas que concedeu a cadeas estadounidenses e á británica ITV, que a emite na súa totalidade este domingo.

Agresión e drogas

Entre outras cousas, que Guillerme o agrediu fisicamente tras manteren unha discusión sobre Meghan ou que matou 25 talibáns como piloto de helicópteros en Afganistán.

Tamén que perdeu a virxindade aos 17 anos cunha muller maior fóra dun pub cheo de xente; que consumiu cocaína aos 17 e cogomelos alucinóxenos aos 31; e que se lle conxelou o pene nunha viaxe á Antártida.

Ademais, conta que ambos os dous irmáns imploraron ao seu pai que non casase con Camila ou que nin sequera o abrazou cando lle comunicou a morte da nai.

Os analistas coinciden en que as memorias, tituladas Na sombra, ameazan con empanar a coroación de Carlos III, prevista para o mes de maio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade