As mulleres gañan terreo no sector forestal
As mulleres gañan terreo no sector forestal
Programa de visibilización do talento feminino
Están presentes en todos os elos da cadea
Co obxectivo de darlle visibilidade ao talento feminino no sector forestal, a asociación Lugomadera homenaxea o labor das mulleres que non dubidan en introducirse nun sector acotío vinculado aos homes para apostar pola aquilo que lles gusta.
É o caso de María José. Ela forma parte da terceira xeración dunha familia de madeireiros da Pontenova e sabe ademais que non está soa.
María José Fernández, xerente dunha empresa de xestión forestal: "Hai mulleres cortando, medindo, elaborando presupostos e mercando. Hai mulleres na xestión e tamén nos serradorios. Hai mulleres en todos os elos da cadea".
María José criouse cun gran referente na casa. A súa nai leva anos á fronte da empresa familiar. Foi pioneira na informatización dos procesos forestais e agora emociónase vendo a remuda feminina.
Mari Carmen López, xerente dunha empresa de xestión forestal: "Encántame velas coa motoserra na man e dicindo estou aquí, e a mellor maneira de que me respectes e vendo que fago o mesmo ca ti".
Botan man da retranca para amosar a realidade e romper estereotipos amosando que son capaces de todo o que se propoñan. Elas xeran sector e danlle visibilidade ao papel da muller en toda a cadea de valor do sector forestal.