Publicador de contidos
Publicador de contidos

As primeiras horas de temporal deixan ventos de ata 150 quilómetros por hora

As primeiras horas de temporal deixan ventos de ata 150 quilómetros por hora

O refacho máis forte rexistrouse no concello lugués de Viveiro, pero tamén superaron os 100 km/h en Muras, Cedeira, Mañón, Carballeda de Valdeorras ou Abadín

Interrompida a liña ferroviaria entre Ferrol-Oviedo pola caída dunha árbore na vía

Imaxe do mar batendo nas rochas en Valdoviño (EFE/Kiko Delgado)
G24.gal 02/01/2024 13:27 Última actualización 02/01/2024 15:08

A borrasca que mantén en aviso laranxa por temporal na costa galega deixou forte vento no litoral e tamén no interior da comunidade, onde se rexistrou o refacho máxima das últimas horas, cos 150 km/h captados en Viveiro.

Ao longo da madrugada e primeiras horas do segundo día do ano 2024, o vento pasou o limiar do 100 km/h en varios puntos da xeografía galega, segundo recollen os datos de Meteogalicia.

Ademais dese pico máximo, houbo 136 km/h de Muras, Cedeira rexistrou 129 km/h ás 08:30 horas en Punta Candieira, e 126 km/h en Mañón. Os 116,7 km/h en Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, os 119,9 km/h de Abadín e os 109,9 km/h en Monfero foron outros dos puntos con ventos máis fortes das primeiras horas deste martes, no que permanecen activas varias alertas relacionadas co temporal.  

A borrasca deixou algunhas incidencias, fundamentalmente caídas de árbores en estradas secundarias e algún desprendemento de fachadas de edificios, aínda que ningunha de consideración, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

As autoridades lembran a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, madrugadas e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ese martes toca coller os paraugas en boa parte de Galicia. No oeste e suroeste da provincia da Coruña e tamén en toda a provincia de Pontevedra hai activado un aviso amarelo que se vai prolongar durante toda a xornada.

Pois as chuvias intensas deixarán acumulacións de 40 litros por metro cadrado en doce horas. Pero canda o aviso por chuvias hai ese outro, tamén amarelo, por fortes ventos que, por momentos, mesmo impedía manter os paraugas abertos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade