Publicador de contidos
Publicador de contidos

As protestas en Bangladesh deixan polo menos 63 mortos nas últimas horas

As protestas en Bangladesh deixan polo menos 63 mortos nas últimas horas

Os disturbios comezaban a primeiros de xullo para loitar contra un sistema de cotas para empregos gobernamentais

Milleiros de manifestantes saíron á rúa este domingo para esixir a dimisión do Goberno

G24.gal 04/08/2024 19:57 Última actualización 04/08/2024 20:09

Tras días de certa calma, a violencia volve ás rúas de Bangladesh. Polo menos 63 persoas, entre elas 13 policías, faleceron nas últimas horas nas protestas contra o Goberno.

Os disturbios, que comezaban a primeiros de xullo para loitar contra un sistema de cotas para empregos gobernamentais, volven gañar forza.

Milleiros de manifestantes saíron á rúa este domingo para pedir xustiza polos máis de 200 estudantes asasinados nas protestas do mes pasado e esixir a dimisión da primeira ministra.

As autoridades responderan a esas protestas co peche de escolas, bloqueos de Internet e toques de queda con ordes de disparar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade