Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Generalitat desbota dimisións "neste momento" tras a multitudinaria protesta contra Mazón

A Generalitat desbota dimisións "neste momento" tras a multitudinaria protesta contra Mazón

A vicepresidenta valenciana tras a manifestación: "Non é unha opción, ningunha dimisión"

Susana Camarero,, número dous no Consell de Carlos Mazón, insiste en que o executivo está "envorcado na reconstrución" e descarta cesamentos polo momento

A vicepresidenta da Generalitat, Susana Camarero nunha comparecencia este domingo
G24.gal 10/11/2024 13:07 Última actualización 10/11/2024 22:24

O Goberno valenciano que lidera Carlos Mazón desbota calquera dimisión relacionada coa xestión da DINA. A número dous do executivo autonómico, Susana Camarero, afirmou na súa primeira comparecencia este domingo tras a multitudinaria manifestación que "non é unha opción ningunha dimisión", porque están focalizados na "reconstrución" e en "devolverlle a normalidade ás persoas".

Ante o dano provocado, este goberno non vai abandonar as vítimas, insistiu, para prorrogar a asunción de responsabilidades internas.

Ao ser preguntada pola multitudinaria manifestación deste sábado e as esixencias de dimisión do presidente autonómico, Carlos Mazón, e do seu Consell, Camarero dixo que respectan o obxectivo desa convocatoria, fan súa "esa dor" e lamentan os disturbios e actos vandálicos de grupos minoritarios ao termo da mesma cando fora pacífica e que só lograron distorsionar a mensaxe das entidades convocantes.

Mazón amosa o seu respeto pola "dor" expresada na marcha de Valencia

O presidente da Generalitat Valenciana, Carlos Mazón, manifestou o seu respecto pola "dor" expresada polos millleiros de manifestantes que secundaron a protesta deste sábado polas rúas do centro de Valencia.

Antes de participar nas reunións deste domingo no Centro de Coordinación Operativo Integrado da Comunitat Valenciana (Cecopi), Mazón sinalou o seu profundo respecto polo sentimento mostrado na multitudinaria protesta, e engadiu que prefire non cualificar os incidentes que se rexistraron ao termo que, na súa opinión, "non se merecen as vítimas nin o pobo valenciano".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade