Publicador de contidos
Publicador de contidos

As restricións pola covid seguirán vixentes ata finais de xaneiro

As restricións pola covid seguirán vixentes ata finais de xaneiro

A hostalería debe pechar á medianoite, salvo as fins de semana e vésperas de festivo, e o lecer nocturno clausurará as súas portas ás 3 h

G24.gal 13/01/2022 14:35

O avance da onda ómicron levou a Xunta a prolongar dúas semanas máis as restricións actuais.
A hostalería é a máis afectada. Ata o 31 de xaneiro debe pechar á medianoite, a excepción das fins de semana e vésperas de festivo, que se amplía o horario ata a unha da mañá.

E seguen en vigor a limitación de 8 comensais por mesa en interiores e de 10 no exterior. As barras están pechadas e ampliouse o uso do certificado covid durante todo o horario de apertura de bares e cafeterías.

O lecer nocturno deberá pechar ás tres da mañá e segue tamén vixente ata finais deste mes o toque de recollida de xoves a sábado. Entre as tres e as seis da mañá, os non conviventes non poderán xuntarse en prazas nin rúas para evitar os botellóns despois do peche dos bares. 

Na rúa, moitos confesan que lle perderon o medo a contaxiarse porque agora os síntomas son máis leves. Pero aseguran que si lles amola pensar nun confinamento tras ser infectados.
Hoxe en Galicia hai 7.061 novos contaxios e un total de 514 hospitalizados, dos que 57 precisan coidados intensivos. E todo apunta a que a esta sexta vaga aínda lle queda percorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar