Publicador de contidos
Publicador de contidos

As seleccións españolas de balonmán xogarán o 7 e o 8 de maio en Galicia

As seleccións españolas de balonmán xogarán o 7 e o 8 de maio en Galicia

Os hispanos xogarán o próximo 8 de maio o partido de ida do play-off clasificatorio para o Mundial 2025 contra Serbia

O 7 de maio as guerreiras xogarán contra Azerbaixán no Porriño o partido correspondente á  última xornada da fase de clasificación para o Campionato de Europa 2024

G24.gal 12/02/2024 18:26 Última actualización 12/02/2024 18:32

A selección española de balonmán masculino, medalla de bronce no Mundial 2023, xogará en Lalín (Pontevedra) o próximo 8 de maio o partido de ida do playoff clasificatorio para o Mundial 2025 contra Serbia.

Antes desa cita, os hispanos terán que disputar a mediados de marzo o Torneo Preolímpico de Granollers, onde buscará, contra Eslovenia, Brasil e Barhein, unha das dúas prazas en liza para os Xogos Olímpicos de París 2024. Despois do decepcionante Europeo de Alemaña, o equipo dirixido por Jordi Ribeira encara sen marxe de erro este preolímpico, no que terá a Eslovenia como principal rival.

A Deputación Provincial de Pontevedra foi o escenario en que se deu a coñecer o regreso da selección masculina a Galicia e tamén o partido das guerreiras contra Azerbaixán no Porriño correspondente á sexta e última xornada da fase clasificatoria para o Campionato de Europa 2024.

“Pontevedra é unha das provincias que máis vive o balonmán e que máis se implica con este deporte. Este partido ante Azerbaixán é a antesala perfecta para prepararse para ese clasificatorio para os xogos olímpicos”, destacou o presidente da Federación Española Francisco Blázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade