Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio obriga a desaloxar cinco persoas dun edificio de vivendas en Bueu

Un incendio obriga a desaloxar cinco persoas dun edificio de vivendas en Bueu

Tres persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume e na extinción participaron bombeiros do morrazo, Sanxenxo, Vilagarcía e Pontevedra

A intensa fumareda podíase ver dende distintos puntos da contorna

G24.gal 01/01/2025 14:36 Última actualización 01/01/2025 20:38

Ardeu parte dun edificio en Bueu. O lume iniciouse este mediodía na zona baixa do inmoble, situado ao pé da praia, na avenida da Carrasqueira. O fume obligou a desaloxar as cinco persoas que estaban no seu interior.

No interior da orixe do lume, o soto, había unha gran cantidade de bens como varias botellas de butano e que puideron provocar o fume negro. Trátase dun inmoble de catro plantas, unha delas baixa, que estaba a arder tras iniciarse as lapas por causas aínda por determinar, apuntándose a unha fuga de gas.

As lapas eran visibles desde lonxe. Malia a aparatosidade do incendio, non houbo feridos de gravidade. Só tres persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume. As tarefas de extinción víronse complicadas pola cantidade de útiles e madeira que había no baixo.  

Os veciños da contorna viviron momentos de tensión tras escoitar unha explosión e ver como as lapas superaban o segundo andar do edificio. 

Na extinción do lume participaron bombeiros do Morrazo, Salnés, Vilagarcía e Pontevedra, en colaboración coa policía e a Garda Civil que investiga agora as causas polas que se iniciou o incendio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar