As vendas de paraugas e pezas impermeables dispáranse nos días de temporal
As vendas de paraugas e pezas impermeables dispáranse nos días de temporal
O temporal Kirk tamén ten efectos inmediatos no pequeno comercio
Co aviso da chegada dos restos do furacán Kirk a Galicia estes días aumentaron as vendas de botas, pezas de roupa impermeables, pero sobre todo paraugas, porque moitos non resisten os refachos de vento.
Moitos quedan abandonados nas papeleiras e cómpre bulir a mercar un novo. Ana María González, que rexenta a Paragüería Lucense, comenta que as vendas destes días foron brutais, xente entrando e saíndo constantemente da tenda.
"Son uns meses de vendas moi fortes para nós, tanto en tenda coma no taller".
Porque non todos os paraugas rotos teñen que acabar nunha papeleira.
"Son paraugas caros, de calidade ou de firma, e a xente tráeos a arranxar porque case sempre se poden substituír as pezas rotas", conta Ana María.
Véndense máis paraugas, máis roupa impermeable e máis botas.
"Nótase moitísimo cando comeza a chover que a xente vén preguntando por botas e calzado impermeable", dinos Elisa Lameiro, dependenta dunha zapatería de Lugo.
Aínda que os máis xa están equipados con anterioridade. Todos coñecemos o clima de Galicia.