Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asínanse menos contratos e aumentan os de menos de 7 días de duración

Asínanse menos contratos e aumentan os de menos de 7 días de duración

En 2023 asináronse 15,4 millóns de contratos laborais, un 15,65% menos que en 2022

Un de cada tres contratos asinados eran de menos de 7 días 

G24.gal 22/01/2024 09:43

Segundo a estatística publicada polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), en 2023 asináronse 15,4 millóns de acordos laborais, o que supón un 15,65 % menos que en 2022. Por tipo de contrato, seláronse 6,6 millóns de contratos indefinidos, un 6 % menos que o ano anterior, e 8,82 millóns temporais, un 21 % menos que en 2022.

Se se comparan as cifras coas estatísticas previas á reforma laboral, os acordos indefinidos selados en 2023 triplican os de 2019, cando apenas representaban un de cada dez. O ano pasado a contratación indefinida foi case do 43 % do total, 5 puntos máis que en 2022 .

En canto á contratación temporal, esta caeu un 56 % co respecto a 2019 e os contratos que máis se usaron  foron os de circunstancias da produción con 6,5 millóns de acordos asinados.  Con todo, un 36 % deses contratos, 3,1 millóns, non chegaron á semana de duración en 2023 -un descenso do 12 % fronte ao ano anterior e do 50 %  con respecto a 2019.

Tras a reforma laboral gañaron peso os fixos descontinuos, que se multiplicaron por 10 con respecto a 2019. En 2023 seláronse 2,3 millóns de acordos nesta modalidade mantendo as cifras dun ano antes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade