Asolagamentos e desaloxos nas dúas Castelas tras días de forte choiva
Asolagamentos e desaloxos nas dúas Castelas tras días de forte choiva
Os desbordamentos tiveron maior impacto nos ríos Douro e Cega nas provincias de Zamora e Valladolid
Os desbordamentos de ríos nas dúas Castelas, pero singularmente en Castela e León, provocaron non só asolagamentos, senón tamén cortes de estradas e o desaloxo de veciños en varios puntos.
A alarma centrábase a primeira hora da tarde no río Douro ao seu paso por Zamora e por dúas localidades desta provincia. Os desaloxos seguían afectando este domingo a varios núcleos de poboación de Valladolid, Segovia e Ávila, que sufriron ademais varios cortes de circulación.
O río Cega chegou a duplicar o seu máximo histórico de caudal na provincia valisoletana e obrigou a varias intervencións dos equipos de Emerxencias. Vilas como Viana de Cega viviron enchentes dunha dimensión que non se producían desde hai décadas.