Aspas asume o seu novo rol: "Non son parvo, póñome no lugar do míster"
Di o capitán do Celta que esta temporada poden "facer algo grande"
Iago Aspas asume o rol que ten nestes momentos no Celta, non lle preocupa, sabe que a xente que vén por detrás faino con firmeza. Non o incomoda a situación, entende a Claudio, coincide con Claudio.
"Non son parvo, póñome no lugar do míster".
"Os compañeiros evolucionan moito e hai moito rapaz facendo as cousas ben".
A última vez que xogou noventa minutos foi en decembro no campo do Sevilla. O que estimula a Aspas é o final de liga. Decisivos últimos catro encontros para lograr unha posición en Europa. Sevilla e Raio en Balaídos, Real Sociedade e Xetafe de visita.
"A chave da tempada vai estar nas últimas catro xornadas".
"Estamos en disposición de facer algo grande".
Di o capitán do Celta que se fose por el, renovaría a todo o equipo.