Marcos Alonso: "Sentimos unha comuñón bonita coa afección que está a ser importante"
O defensa destaca a ambición e determinación do equipo, que debe "seguir por este camiño"
O futbolista do Celta Marcos Alonso, elixido pola afección como o mellor xogador do equipo no mes de marzo, mostrouse contento polo recoñecemento e tamén porque houbese "moita variedade" nos compañeiros que llo foron levando ao longo do curso.
"Quere dicir que o equipo en xeral estao facendo ben e é importante. O equipo crece, imos a mellor e leste ten que ser o camiño para os oito partidos que queda", expresa.
Fíxase tamén, en canto ao equipo, no traballo físico que fan no día a día e na continuidade como claves para que estea a mostrar unha gran versión no Celta.
Destaca o defensa "o traballo de todos desde principio de tempada e as ganas de mellorar cada día", que se traduce en como saen aos partidos, con "determinación e ambición, que é o máis importante", valora esperando que se siga traducindo en "bos resultados".
En canto ao seu mes de marzo, está contento de achegar goles ou asistencias, pero lembra que os penaltis -os seus dous tantos chegaron desde os once metros- son cousa de Iago Aspas cando está sobre o céspede.
"Se el falta e tócame, espero que sigan entrando", apunta.
O céltico constata que "está a ser especial" a conexión existente co celtismo.
"Non só o día do Valladolid, que é bonito ter a tanta xente e poder celebrar con eles a vitoria. Durante toda a tempada, dentro do vestiario, sentimos algo especial, unha comuñón bonita que está a ser importante para estes bos resultados", engade.