Aspas: "Teño 34 anos, se non marco tentarei dar outras cousas"
Aspas: "Teño 34 anos, se non marco tentarei dar outras cousas"
No medio do debate sobre o rendemento de Iago Aspas no Celta, o 10 celeste quixo sacarlle ferro ao asunto, aínda que recoñece non estar no seu mellor momento de forma. Iago Aspas fala das súas sensacións tres días despois de asumir a súa primeira suplencia con Coudet.
Asegura que non lle amola o debate sobre o seu estado de forma, nin sente presión pola Iagodependencia.
En doce xornadas leva tres goles e catorce tiros a porta e o Celta está só dous puntos por riba do descenso.
Iago é o protagonista dun vídeo promocional que acaba de sacar o Celta, e agarda que o seu momento chegue xa contra o Barcelona.
⚽️🏖️🛳️📽️🎞️Estamos a dous días da visita do @FCBarcelona_es a Balaídos. Co Barcelona agardando por Xavi e co @RCCelta agardando por @aspas10 ‼️
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 4, 2021
🧙♂️🧙O Celta confía en que reapareza a mellor versión do moañés. Algúns xogadores gravaron este anuncio na ría de Aldán 📹🎥‼ pic.twitter.com/wbrWlrM5PQ
Partido de urxencias para os dous equipos, que ademais chegan a esta cita con baixas importantes. No Celta, Iago Aspas quere reivindicarse como o líder natural do equipo. Mañá conformará unha parella atacante inédita con Thiago Galhardo, por mor das baixas de Santi Mina e de Brais Méndez.
Non está Messi pero si Ansu Fati, con protagonismo no partido do ano pasado, que foi unha derrota clara dos celestes para non repetir.
Aspas quere recuperar o seu olfacto. Xa sabe o que é facerlle goles ao Barcelona en Balaídos.
O de Moaña recoñece que non está no seu mellor momento, pero confía en recuperar o seu mellor nivel para o que queda de liga.