Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ata dez focos en Verín; a Xunta non dubida da acción de "delincuentes"

Ata dez focos en Verín; a Xunta non dubida da acción de "delincuentes"

O conselleiro do Medio Rural non dubida da acción "dun ou varios delincuentes", sobre os que, advertiu, caerá o peso da lei

O incendio afecta 550 hectáreas e activouse a alerta 2 pola proximidade ás casas. Cortáronse durante dúas horas a N-525 no km 165 e a A-52 no km 157.

A UME xa colabora nas tarefas de control

G24.gal 03/08/2022 20:51 Última actualización 03/08/2022 23:41

O incendio forestal declarado á primeira hora da tarde deste mércores en Verín, con polo menos 10 focos identificados, provocou desaloxos e confinamentos dalgúns veciños, cortes na A-52 e a N-525 (xa reabertas ao tráfico), e danos materiais de pouca entidade na fábrica de Auga de Sousas.  Na zona había 40 graos de temperatura. 

O alcalde do municipio, Gerardo Seoane, fala dunha "intencionalidade estratéxica" deste lume que, segundo os últimos datos ofrecidos pola Xunta a través de Twitter, afecta xa unhas 550 hectáreas e estendeuse ao concello veciño de Vilardevós.

Segundo describiu o alcalde, os focos detectados desde primeira hora da tarde (o incendio foi declarado ás 14:52) debuxan unha liña "de sur a norte de 10 ou 15 quilómetros". Comezou na zona de Cabreiroá e foi subindo cara ao norte, ata aproximarse a algúns núcleos como Vilela, Caldeliñas e A Rasela. A situación 2 pola proximidade das lapas ás casas ampliouse a todo o perímetro do incendio.  

Ademais, o rexedor confirmou que se produciron desaloxos nalgunhas vivendas unifamiliares de Ábedes, aínda que xa puideron volver todos aos seus domicilios polo rápido control nesa zona. Tamén houbo que confinar persoas nas súas casas para evitar que inhalasen fume.

O incendio tamén ameazou as instalacións de Cabreiroá e de Augas de Sousas. Nesta última, o lume danou parte do exterior da nave e calcinou caixas e palés almacenados. No caso de Cabreiroá, Seoane explica que "activou o seu propio sistema de protección", polo que non sufriu danos.  

Veciños dos núcleos próximos ás chamas non dubidaron en saír a defender as súas vivendas e posesións das lapas cos seus propios medios.   Numerosos medios desde terra e catro avións e 6 helicópteros desde o aire traballan no incendio, tarefas ás que sumou a última hora do día a UME. 

Os lumes arrasaron zona de bosque pero tamén algún viñedo.  

O conselleiro do Medio Rural desprazouse ata Verín para supervisar os traballos de extinción. José González subliñou que o incendio comezou en dez focos diferentes, e apunta á súa intencionalidade.

O conselleiro de Medio Rurual, José Gonlález, explica que prenderon dez focos simultáneos preto das cosas. "Houbo un delicuente ou varios que provocaron conscientemente un lume con estes dez focos e caerá sobre eles o peso da lei", asegurou.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar