Cargando resultados...
Ata finais de xullo pódense solicitar as axudas da Xunta ás térmicas renovables
Ata finais de xullo pódense solicitar as axudas da Xunta ás térmicas renovables
A liña de axudas ascende a 12,5 millóns, dos que xa se investiron 8
G24.gal
18/05/2024 14:22
Susana herdou a casa do seu tataravó e converteuna nunha casa rural e lugar para pequenos eventos. Concienciada coa sostibilidade conseguíu xa quecer a auga da piscina e da ducha con enerxía solar. Investiu 13.000 euros, e recibiu unha axuda da Xunta de 4.000, no que vai de ano xa aforrou 800 euros.
O Goberno galego quere favorecer a implementación das renovables térmicas tamén con axudas renovables.
Non é só enerxía solar, tamén xeotermia, aerotermia ou hidrotermia. A propietaria da vivenda salientou o aforro, pero tamén o pracer de consumir auga quentada polo sol.