Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atascos nos accesos e no centro de Vigo por segundo día consecutivo

Atascos nos accesos e no centro de Vigo por segundo día consecutivo

A afluencia de xente a cidade olívica para ver as luces de Nadal é unha das causas

G24.gal 27/12/2022 21:24

A afluencia de xente para ver as luces de Nadal volveu colapsar esta tarde os accesos e o centro de Vigo.

A situación require de moita paciencia para os condutores aínda que algúns xa o toman como algo habitual nestas datas

A situación hoxe non foi tan complicada coma onte, día festivo en Portugal, pero aínda así a confluencia de turistas, xente de vacacións, traballadores e os movementos propios do Nadal con moitas compras fixeron de Vigo unha rateira para moitos condutores.

Este Nadal circular por Vigo ou acceder a certas zonas estase a converter nunha tarefa complicada.

Cando menos facelo sen ter que estar moito máis tempo do desexado ao volante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade