Cargando resultados...
Abre as súas portas o belén de Begonte, un nacemento con medio século de historia
Abre as súas portas o belén de Begonte, un nacemento con medio século de historia
A montaxe inclúe máis de setenta figuras e cada ano incorpora novidades
Está declarado de interese interese turístico galego e pódese visitar ata o 1 de febreiro
G24.gal
30/11/2024 21:10
Última actualización 30/11/2024 21:50
Cando o cura de Begonte José Domínguez Guizán en 1972 pensou en montar un nacemento na súa parroquia quixo innovar e atraer, pero sobre todo que os fregueses sentisen o Nadal, por iso ambientouno no campo.
Cada ano renóvase. Desta volta amosa varias figuras doadas pola familia do antigo capelán do hospital lucense. A montaxe ocupa uns 80 metros cadrados e cada ano atrae a milleiros de visitantes.
Está declarado de interese turístico galego e pódese visitar ata o 1 de febreiro.