Atrasos no Alvia e nos Avant por unha avaría que cortou a vía entre Ourense e Santiago
Atrasos no Alvia e nos Avant por unha avaría que cortou a vía entre Ourense e Santiago
Desta vez foi por unha avaría na sinalización, que obrigou a cortar a circulación entre Santiago e Ourense
Aínda que tiñamos todas as olladas postas no tren de alta velocidade Vigo-Madrid, tamén houbo atrasos, un día máis, nos Alvia e nos Avant. Desta vez foi por unha avaría na sinalización, que obrigou a cortar a circulación entre Santiago e Ourense.
A estación de tren de Ourense foi esta mañá un caos. Centos de viaxeiros, escasos de información, sufriron atrasos.
Problemas de encravamento nunha bifurcación á entrada de Ourense interromperon a circulación entre Santiago e Ourense e viceversa. Afectou aos Avant e tamén ao primeiro Alvia do día cara a Madrid. Saíu de Ferrol, Santiago e Vigo en hora, pero estivo parado na vía case dúas horas.
Era o momento en que reiniciaban a circulación por unha soa vía. O Alvia tiña que saír de Ourense destino Madrid ás 8:22, saíu 108 minutos máis tarde. Os usuarios quéixanse de que as incidencias son continuas.
Ás once e dez da mañá esta avaría quedaba solucionada pero estaba outra por vir.